Próbate na proba
Durante a semana do 18 de marzo está prevista a celebración da actividad ‘Próbate na Proba’, un ensaio da parte de Linguaxe musical, o exercicio B, da proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencellada á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe Musical propón dous obxectivos para cada participante: adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios que compoñen a parte de Linguaxe musical do xeito máis semellante á proba mesma, e ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.
Prazo de inscrición ata o venres 8 de marzo ás 14:00h.