Política de calidade
Política de calidade
Os Conservatorios Profesionais de Música e de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia definiron a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptaron un sistema de xestión de calidade baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015 como modelo de referencia para a xestión da institución.
Estes centros adoptaron a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes
directrices:
- Busca de excelencia no traballo desenvolvido e nas actividades e servizos prestados.
- A achega de valor ao alumnado, ás familias, ao profesorado e ao persoal do centro, escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.
- A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia e a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.
- A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación de obxectivos, o desenvolvemento de actuacións para levalos a cabo e a revisión dos mesmos para establecer cambios e/ou melloras.
- Deseño de obxectivos e indicadores acordes ao Plan Estratéxico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional mais os establecidos polos propios conservatorios para a mellora en todos os proceso levados a cabo.
Estas directrices despréganse na rede de conservatorios a través de:
- Medición e análise periódico da satisfacción de alumnado, familias, docentes e resto da comunidade implicada.
- Revisión do Sistema da Calidade e actualización periódica de procesos.
- Auditorías internas e externas do Sistema da Calidade.
As direccións dos Conservatorios Profesionais de Música e de Danza facilitarán os medios e a formación necesarios para o desenvolvemento con éxito das actividades.
Esta Política de Calidade servirá de marco de referencia para establecer e revisar o Plan Estratéxico e os obxectivos de calidade.
A Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial revisará esta política como mínimo unha vez ao ano, para verificar a súa adecuación á forma real de traballo da Rede de Conservatorios Profesionais de Música e de Danza Galicia.
Co fin de que sexa coñecida por todo o persoal dos centros, a Política de Calidade estará accesible
publicamente.




