Bacherelato de Artes

Os estudos de bacharelato organízanse en catro modalidades entre as que se atopa a de Artes. O alumnado que superase as ensinanzas profesionais de música poderá obter o título de bacharel na modalidade de Artes cursando soamente as materias comúns dos estudos de bacharelato. Ao respecto desta opción formativa, non é preciso que o centro no que a alumna ou alumno curse o bacharelato ofreza entre a súa oferta académica dita modalidade de Artes.
Á marxe da opción descrita no anterior parágrafo, a modalidade de Artes é posible cursala, segundo a dispoñibilidade dos centros, en diferentes institutos na nosa comunidade.