Normativa educativa

As referencias recollidas nesta páxina son soamente unha escolma de textos esencias ao respecto da normativa educativa que atinxe ás ensinanzas elementais e profesionais de música. Para acceder a unha relación máis completa pódese consultar o espazo dedicado a este asunto na web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

  • Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
  • Lei orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
  • Real decreto 1577/2006, de 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.
  • Decreto 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música.
  • Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música.
  • Circular 4/2008 pola que se regulan as probas de acceso ao grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música.
  • Orde do 28 de xullo de 2008 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de música dispostas no Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música.
  • Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Circular 21/2008 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas elementais de música e de danza dispostas nos decretos 198/2007, do 27 de setembro, e 196/2007, do 20 de setembro, polos que se establece respectivamente a ordenación das ensinanzas de grao elemental de música e de danza en Galicia.
  • Orde do 10 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento para a obtención de matrícula de honra e premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza.
  • Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Orde do 4 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
  • Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.
  • Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.