Espazos para o estudo
O centro dispón de trece espazos destinados para a práctica instrumental do seu alumnado. Para o seu emprego será preciso formalizar ou realizar a solicitude correspondente na conserxería do centro.
Ademais destes espazos, e segundo a dispoñibilidade do centro, é posible solicitar unha aula como espazo para o estudo. Para formalizar esta solicitude será preciso enviar un correo electrónico ao enderezo electrónico da xefatura de estudos, xefatura.estudos.cmus.lugo@edu.xunta.gal, indicando todos os datos precisos da persoa solicitante.