Itinerarios formativos
Itinerarios formativos
Co obxecto de permitir ao alumnado unha certa participación na configuración do seu currículo académico e achegarlle, ademais, a posibilidade de comezar a definir o seu perfil profesional diante da especialización que ten lugar nos estudos superiores das ensinanzas de música, no derradeiro curso do grao profesional é preciso escoller, cando menos, un itinerario formativo e mais unha materia optativa.
Os itinearios formativos tentar responder a catros dos camiños profesionais da persoa profesional da música: o de compoñer, o de interpretar, o de investigar e o de ensinar. Cómpre, en calquera caso, apuntar que estas vías de desenvolvemento profesional son máis atopando na actualidade nos centros superiores outras especialidades como a da dirección e a da producción e xestión cultural.
Itinerarios
- Composición
- Interpretación
- Musicoloxía
- Pedagoxía
Materias optativas
- Educación auditiva
- Improvisación
- Iniciación ao jazz
- Iniciación á xestión cultural
- Música tradicional galega
- Técnicas de composición aplicadas á didáctica