Validacións e exencións

Validacións e exencións

O alumnado que estea a cursar simultaneamente as ensinanzas profesionais de música e máis a ensinanza secundaria obrigatoria ou o bacharelato poderá validar determinadas materias do currículo. Estas validacións están reguladas para o presente curso pola Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

O alumnado estará exento de cursar aquelas materias comúns que xa cursara a causa de ter estado matriculado no centro nalgunha outra especialidade. A consideración de materias comúns está establecida no artigo sétimo do Decreto 203/2007, do 27 de setembro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música.