Matrícula

Portada » Secretaría CXM » Matrícula

A matrícula desenvólvese cada curso escolar entre os meses de xuño e xullo a través de diferentes prazos e logo dos procesos de avaliación e o desenvolvemento das distintas probas de acceso.
O primeiro prazo, o máis longo, está destinado ao alumnado con avaliación positiva en todas as materias; o segundo ao alumnado que debe acudir ás probas extraordinarias a causa da avaliación negativa nalgunha ou nalgunhas materias; coincidinte no tempo en parte cos anteriores dous prazos, haberá un destinado á matrícula das persoas aspirantes das diferentes probas de acceso que superasen a súa proba e que obtiveran praza de acordo coa oferta mínima de prazas que é publicada no mes de abril. Por último, un derradeiro prazo, o máis curto, para a formalización da matrícula daquelas persoas aspirantes que que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, e que consecuentemente deberán agardar á finalización do resto de prazos de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes por parte do consello escolar do centro.

A matrícula formalízase a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal.
O procedemento consiste en confirmar a matrícula, levar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través do correo electrónico ao enderezo administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.