Proxectos de innovación educativa
«Música e poesía: movendo a lingua»
Existe unha mellor maneira de dinamizar o uso da nosa lingua, ao tempo que se fomentan as competencias oral e escrita, que a través da música e a poesía?
Música e poesía van da man dende que se ten constancia da súa existencia e, na súa esencia, afloran as emocións, os sentimentos e a sensibilidade. Ata o de agora, nos nosos centros educativos traballouse con ambos os xéneros, mais o que propuxemos foi facelo de forma conxunta para achegar o galego á nosa comunidade dun xeito natural, lúdico e didáctico, á vez que promovemos e reivindicamos as artes galegas como parte fundamental do noso patrimonio cultural. Ademais, esta iniciativa contribuíu a fortalecer os vínculos entre os centros participantes, ao empregar o galego como lingua vehicular e transcender os límites do propio proxecto.
Baseado no traballo cooperativo, Música e poesía: movendo a lingua levou o galego a contextos pouco habituais, como o ensino de linguas estranxeiras, onde se presentou como ferramenta de aprendizaxe, e o ensino da música, onde actuou como motor de creación e traballo colaborativo.
As sinerxías que se crearon xeraron a enerxía fundamental para facer que a nosa lingua circulase de maneira natural polos nosos centros coa axuda da música e da poesía.
Libro “Música e poesía: movendo a lingua” (Presentación con deseño responsive) de Eoi Lugo EDLG



