Renuncia

O alumnado matriculado no conservatorio poderá solicitar a anulación da súa matrícula o que conducirá á perda da súa praza na especialidade correspondente.

De acordo coa normativa vixente, o alumnado que abandonara os seus estudos e desexara retomalos máis adiante deberá realizar unha nova proba de acceso ben ao curso no que estivera matriculado cando abandonou ou ben aos cursos seguintes.

En canto á devolución da taxa de matrícula, esta non terá lugar de ter comezado a actividade lectiva.

Para solicitar a renuncia será preciso cubrir o impreso correspondente que é posible descargar no botón de abaixo ―trátase dun formulario en formato pdf―. A súa entrega pode facerse na administración do conservatorio ou por correo electrónico ao enderezo da dirección do centro, direccion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.