Faltas de asistencia

Faltas de asistencia

As faltas de asistencia do alumnado deberán ser xustificadas á profesora ou profesor da materia correspondente. A xustificación poderá ser verbal, a través de calquera medio, ou escrita. Para esta segunda opción existe un modelo dispoñible na conserxería do centro. Cada docente, no exercicio da súa autonomía pedagóxica, poderá demandar unha xustificación escrita ou mesmo a documentación que proceda despois de apreciar a singularidade do caso.

Considerando que non é posible perder o dereito a ser avaliado de maneira continua, e de ser preciso avaliar a un alumno ou alumna que teña acumulada unha certa cantidade de faltas de asistencia, o docente empregará no momento de avaliar toda a información recollida despois de aplicar os criterios establecidos na programación didáctica correspondente. De non ser posible en todo ou en parte o desenvolvemento dunha avaliación obxectiva a causa da asistencia a clase escasa ou inexistente, o alumnado que se atope nesta situación será convocado a unha proba específica previa á avaliación ordinaria.