Próbate na Proba

Durante os días 24, 25 e 26 de marzo está prevista a celebración da actividade ‘Próbate na Proba’, un ensaio da parte de Linguaxe musical, o exercicio B, da proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Con esta actividade voluntaria, de balde e non vencella da á proba verdadeira, o Departamento de Linguaxe Musical propón dous obxectivos para cada participante: adquirir un coñecemento vivo da proba de acceso ao realizar todos os exercicios que compoñen a parte de Linguaxe musical do xeito máis semellante á proba mesma, e ser de utilidade na preparación da proba xa que a partir do informe detallado que se entrega trala actividade é posible coñecer que aspectos desta parte da proba deben ser mellorados.

O prazo de inscrición é do 2 ao 8 de marzo de 2026.

As datas, horarios e lugares exactos de realización daranse a coñecer o martes 10 de marzo, así como a lista de participantes.