Proxecto Educativo de Centro
O Proxecto Educativo do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes recolle a identidade e os principios que guían o transcorrer académico do noso centro. No documento exprésanse os principios e obxectivos que orientan a nosa labor educativa, así como unha concreción metodolóxica que pon o foco na aprendizaxe activa, a interdisciplinariedade, a autonomía do alumnado e a súa participación na vida escolar.
Trátase dun documento que serve de referencia para toda a comunidade educativa, no que se detallan a análise do contorno social e cultural, as relacións con institucións e entidades, a organización académica das ensinanzas elemental e profesional, a atención á diversidade, a utilización das tecnoloxías da información e comunicación, e os compromisos coa mellora continua.
En conxunto, o proxecto tenta reforzar o papel do conservatorio como espazo de formación artística e como referencia cultural en Lugo, asumindo o compromiso de achegar un ensino de calidade.
É posible consultar e descargar o documento a través desta ligazón.




