Matrícula do curso 2024-2025, alumnado das probas extraordinarias
Dende hoxe luns 1 ás 15:00, e ata o vindeiro venres 5 ―este incluído―, permanecerá aberto o prazo de matrícula correspondentes ao curso 2024-2025 para o alumnado procedente das probas extraordinarias celebradas entre o 20 e o 25 do pasado mes de xuño.
A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal.
O procedemento de formalización da matrícula consistirá en confirmar esta a través de CentrosNET, levar a cabo o pago da taxa, e achegar ao centro o xustificante do mesmo ao enderezo electrónico de administración, administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal. En canto ao pago da taxa, no caso de que a matrícula non sexa dun curso completo ou comporte materias pendentes, cumprirá consultar o importe concreto da taxa na administración do centro.
Cómpre lembrar que o alumnado que teña solicitado bolsa de estudos non deberá aboar a taxa de matrícula ate coñecer a resolución, favorable ou non, á concesión de dita bolsa.
Ao respecto do alumnado que formalice a matrícula no sexto curso do grao profesional, será preciso que escolla un itinerario e unha materia optativa cubrindo o formulario correspondente que se atopa no menú Común na plataforma CentrosNET.
Ao mesmo tempo, cómpre cubrir o formulario ao respecto dos horarios do vindeiro curso. Este atópase tamén en CentrosNET no menú Común e resulta indispensable para coñecer as circunstancias particulares do alumnado que poidan condicionar o seu horario no conservatorio.
A través da ligazón do botón de abaixo pódese acceder á guía de matrícula co calendario da mesma así como a información precisa para a súa formalización.