Matrícula do curso 2024-2025 para 1º curso do grao elemental
O prazo de matrícula para ás persoas aspirantes que superasen a proba de acceso ao 1º curso do grao elemental, e obtiveran praza nunha especialidade instrumental, estenderase do mércores 12 de xuño ás 15:00 ao venres 21 do referido mes.
En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a proba de acceso pero non obtiveran praza, estas deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro en xullo.
A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET, sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. Será entón indispensable xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.
O procedemento de formalización da matrícula consistirá en confirmar esta a través de CentrosNET, levar a cabo o pago da taxa, e achegar ao centro o xustificante do mesmo ao enderezo electrónico de administración, administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.
A través da ligazón do botón de abaixo pódese acceder á guía de matrícula co calendario da mesma, así como a información precisa para a súa formalización.
No momento de formalizar a matrícula será preciso cubrir un formulario aloxado en CentrosNET co obxecto de recoller a información necesaria para a elaboración dos horarios e grupos correspondentes ao próximo curso.