Matrícula do curso 2024-2025

O prazo de matrícula correspondente ao curso 2024-2025 para o alumnado matriculado no curso actual, e con avaliación positiva en todas as materias, estenderase do 7 ao 21 de xuño.

O alumnado con materias con cualificación negativa na avaliación final e que deba acudir ás probas extraordinarias previstas para os días 20, 21, 24 e 25 de xuño, deberá agardar ao resultado das mesmas para formalizar a matrícula.

A matrícula estará destinada tamén ás persoas aspirantes que superasen a proba de acceso ao 1º curso de grao elemental e obtiveran praza nalgunha especialidade.

O prazo de matrícula para as persoas que superasen a proba de acceso ao 1º curso do grao profesional e obtiveran praza estenderase do 17 ao 21 de xuño.

En canto a aquelas persoas aspirantes que superasen a súa proba de acceso pero non obtiveran praza, deberán agardar á finalización do prazo de matrícula e a adxudicación de posibles prazas vacantes que levará a cabo o consello escolar do centro en xullo.

A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.

O procedemento de formalización da matrícula consistirá en confirmar esta a través de CentrosNET, levar a cabo o pago da taxa, e achegar ao centro o xustificante do mesmo ao enderezo electrónico de administración, administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.

No caso do alumnado con matrícula de honra concedida nalgunha materia, deberase consultar na administración do centro o importe da súa taxa de matrícula.

Cómpre lembrar que o alumnado que teña solicitado bolsa de estudos non deberá aboar a taxa de matrícula ate coñecer a resolución, favorable ou non, á concesión de dita bolsa.

Ao respecto do alumnado que formalice a matrícula no sexto curso do grao profesional o vindeiro curso 2024-2025, será preciso que escolla un itinerario e unha materia optativa cubrindo o formulario correspondente que se atopa no menú Común na plataforma CentrosNET.

A través da ligazón do botón de abaixo pódese acceder á guía de matrícula co calendario da mesma así como a información precisa para a súa formalización.

A vindeira semana compartirase un formulario aloxado en CentrosNET para recoller a información necesaria para a elaboración dos horarios e grupos correspondentes ao próximo curso.