II Xornada de portas abertas

Xornadas de portas abertas no Conservatorio profesional de música Xoán Montes de Lugo.

Estas xornadas de portas abertas están pensadas para que as persoas interesadas en acceder ao Conservatorio Xoán Montes de Lugo coñezan de primeira man algúns dos instrumentos que se ofertan nel. Está previsto que se realicen xornadas de portas abertas noutros momentos do curso. 

Poderánse inscribir en todos os instrumentos (salvo canto) nenos ou nenas que contarán con entre 8 e 14 anos cumplidos en 2026. A visita á especialidade de canto aconséllase a persoas maiores de 14 anos, xa que canto é unha especialidade unicamente de grao profesional.

Prazo do 20 de febreiro ata o 11 de marzo.