Formulario para a elaboración de grupos e horarios 2024-2025

Está dispoñible xa na plataforma CentrosNET o formulario para a elaboración de grupos e horarios correspondentes ao vindeiro curso 2024-2025. Trátase de recoller a información precisa co obxecto de que o horario de actividade no conservatorio se acomode na maior medida posible ás circunstancias particulares de cada estudante.

Consecuentemente, cubrir este formulario é indispensable para que o centro coñeza e sexa quen de ter en conta calquera circunstancia das antes referidas. De non contar con esta información, adxudicarase o grupo ou o horario que o centro determine. Desta maneira, pregamos tanto cubrir o formulario como facelo coa maior concreción posible.

O formulario atópase no menú Común da plataforma CentrosNET e permanecerá aberto ata o vindeiro venres 21 de xuño.