Formulario para a elaboración de horarios, curso 2024-2025
Na plataforma CentrosNET, no menú Común, atópase o formulario Formulario horario alumnado 2024-2025 cuxo obxecto é recoller a información precisa para a elaboración dos grupos e horarios correspondentes ao vindeiro curso 2024-2025 e procurar a mellor acomodación posible coas circunstancias particulares de cada estudante.
Cubrir este formulario é indispensable para que o centro coñeza e sexa quen de ter en conta calquera circunstancia das antes referidas. Consecuentemente, e de non contar con esta información, adxudicarase o grupo ou o horario que o centro determine. Pregamos, desta maneira, tanto cubrir o formulario como facelo coa maior concreción que sexa posible.
O formulario estará dispoñible ata a finalización do prazo de matrícula o vindeiro venres 5.