Cambio de docencia
O prazo de solicitude de cambio de docencia para o vindeiro curso 2024-2025 estenderase do luns 27 ao venres 31 de maio. Cómpre lembrar que a petición soamente será posible nas materias recollidas no impreso de solicitude, e que esta deberá ser, ademais, motivada.
Ao mesmo tempo, a aceptación da solicitude dependerá tanto da apreciación do motivo referido como dos recursos do centro.
Para formalizar a solicitude será preciso cubrir o impreso que é posible descargar a través da ligazón do botón de abaixo, asinalo, e entregalo na administración ou conserxería do centro dentro do prazo indicado.