PROBAS DE ACCESO AOS CURSOS 2º A 6º DE GRAO PROFESIONAL

Portada » Acceso ás ensinanzas profesionais » Proba de acceso de 2º a 6º de Grao Profesional

Segundo establece a normativa de aplicación, poderase acceder a calquera curso das ensinanzas profesionais diferente ao primeiro e sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

Para todas as especialidades a predita proba constará de dúas partes: interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria, e unha parte teórico-práctica para valorar os coñecementos dos cursos anteriores

Cada unha das partes cualificarase de cero a dez puntos, sendo precisa unha cualificación mínima de cinco para superar cada un deles. Ambos as dúas partes deben resultar superadas.

A cualificación definitiva da proba será a media ponderada da cualificación obtida nas dúas partes ponderándose a primeira delas nun 70 por cento, e a segunda nun 30 por cento.

A inscrición formalízase en liña e o custo da taxa de inscrición, á marxe de exencións ou bonificacións e que poden consultarse na plataforma mesma de inscrición, é de 34 euros. O pago é posible formalizalo tamén en liña a través da Oficina Virtual da Axencia Tributaria ou nunha entidade bancaria.

As probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional desenvolveranse entre o 15 e o 18 de xuño e o prazo de inscrición e solicitude, de ser o caso, do servizo de piano acompañante, estenderase do 9 ao 21 de abril.

As seguintes son as datas do calendario específico da proba, inscrición, publicación da oferta de prazas, probas, etc.

  • 9 ao 21 de abril, prazo de inscrición para as probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional e, de ser o caso, solicitude do servizo de piano acompañante.
  • 27 de abril, publicación da oferta de prazas vacantes para o curso 2026-2027.
  • 29 de abril, publicación da lista de aspirantes admitidos nas probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
  • 1 de xuño, publicación dos tribunais, datas, horarios e aulas correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
  • 15 ao 18 de xuño, probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
  • 19 de xuño, publicación dos resultados correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional (aspirantes que obteñen praza e aspirantes en lista de agarda).
  • 23 de xuño, publicación da listaxe coas prazas adxudicadas ás persoas aspirantes en lista de agarda correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
  • 23 de xuño, publicación da lista de agarda das persoas aspirantes ao acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.
  • 23 ao 26 de xuño, prazo de matrícula para aspirantes que obtiveron praza nas probas de acceso aos cursos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional.

Nos seguintes seis botóns atópanse as ligazóns correspondentes á oferta prazas vacantes, aos contidos, desenvolvemento da proba e criterios de avaliación dos exercicios das diferentes especialidades e mais os materiais de exemplo en canto ao exercicio de avaliación da capacidade auditiva e de linguaxe musical no acceso aos cursos 2º e 3º, á plataforma de inscrición, á de pago da taxa, á guía sobre o pago telemático da taxa, e á páxina coa información sobre o servizo de pianista acompañante que achega o centro. Os diferentes botóns activaranse de maneira progresiva segundo o calendario achegado máis arriba.