Tribunal correspondente á proba de acceso a 1º curso de grao elemental, curso 2026-2027
Publícase a composición do tribunal que avaliará as nenas e nenos aspirantes na proba de acceso ao 1º curso das ensinanzas elementais prevista para os días 15 ao 17 de xuño.
Lembramos que, o vindeiro martes 2 está prevista unha reunión informativa acerca da proba, a oferta de prazas, a adxudicación destas, etc. A reunión desenvolverase ás 18:00 na Aula de Orquestra do conservatorio.




