Solicitude de cambio de especialidade, proba de acceso a 1º curso de grao elemental

A través da ligazón do botón de abaixo é posible acceder ao formulario para formalizar a solicitude de cambio de especialidade ao respecto da proba de acceso ao 1º curso do grao elemental correspondente ao vindeiro curso 2026-2027.

Lembramos que o formulario permanecerá aberto ata o vindeiro xoves 4, este día incluído. O formulario soamente deberá cubrilo quen desexe solicitar o cambio de especialidade.

O vindeiro luns 8 publicarase a listaxe de aspirantes coa relación definitiva de especialidades.