Titorías Curso 2023-2024

Portada » Secretaría CXM » Titorías Curso 2023-2024

Titorías

Todo o profesorado ten no seu horario unha hora adicada á recepción do alumnado así como das súas nais, pais ou titores. As titorías poderán desenvolverse de maneira presencial ou telemática.
No botón de abaixo é posible consultar o cadro de atención titorial correspondente ao presente curso 2023-2024. Co obxecto de facilitar ou mesmo garantir o desenvolvemento dunha titoría é recomendable solicitar a mesma a través dalgunha das canles de comunicación establecidas co profesorado ou por medio do modelo dispoñible na administración ou conserxería do centro.