Reunión de adxudicación de prazas vacantes, proba de acceso ao 1º curso do grao elemental 2024-2025

O vindeiro luns 1 de xullo ás 18:00 na aula 1.14 está prevista a celebración dunha reunión co obxecto de concretar as prazas vacantes definitivas para o primeiro curso do grao elemental. Nesta xuntanza, ás nenas e nenos en lista de agarda dende a reunión do pasado luns 10 de xuño se lles poderá adxudicar unha praza na especialidade escollida. De non habela, poderán escoller unha especialidade diferente entre as vacantes dispoñibles, ou permanecer na lista de agarda na que xa se atopaban.

Como se advertira ao respecto da reunión do pasado día 10, a asistencia a esta reunión é indispensable tanto para poder obter unha praza como para non perder a situación dentro da lista de agarda correspondente.