Probas de acceso 2º a 4º grao elemental e 2º a 6º grao profesional, resultados

Publícanse os resultados correspondente ás probas de acceso ao cursos 2º a 4º de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional.

No documento, ao que é posible acceder dende a ligazón do botón de abaixo, pódense consultar as cualificacións das dúas partes da proba e mais a cualificación definitiva.

Cómpre recordar que a matrícula para o vindeiro curso 2025-2026 poderá formalizarse entre o 23 e o 27 de xuño. A plataforma de matrícula estará dispoñible dende as 15:00 do luns 23.