Probas de acceso aos cursos 2º a 4º grao elemental e 2º a 6º grao profesional, horarios e tribunais
Publícanse as datas, horarios e lugares de celebración ademais da composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º a 4º de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional.
A través das ligazóns dos botóns de abaixo é posible acceder aos documentos coa referida información.
Publícase unha corrección ao respecto dos tribunais e mais os espazos de celebración. A corrección na composición dos tribunais atópase no correspondente á proba de acceso na especialidade de Guitarra e, no caso dos espazos, no que se celebrará a proba da especialidade de Violín.




