Probas de acceso a 2º a 4º grao elemental e 2º a 6º grao profesional 2026-2027, resultados
Publícanse os resultados correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º a 4º de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional 2026-2027.
No botón de abaixo é posible acceder ao documento cos resultados nos diferentes graos, cursos e especialidades.
O martes 23 de xuño publicarase a relación de aspirantes que, logo de superar a proba de acceso, obteñen praza na especialidade correspondente.
Cómpre lembrar que o prazo de matrícula para os aspirantes que obtivesen praza estenderase do 23 ao 26 de xuño. A matrícula poderá formalizarse dende as 12:00 do referido martes 23 na plataforma CentrosNET. Na seguinte ligazón é posible consultar a Guía de matricula 2026-2027.




