Probas de acceso aos cursos 2º a 4 de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional (Tribunais, datas, horarios, etc.)
Publícanse as datas, horarios, espazos de celebración e composición dos tribunais correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º a 4 de grao elemental e 2º a 6º de grao profesional previstas para os días 16 ao 18 de xuño.
A través da ligazón do botón de abaixo é posible acceder ao documento
En todos os casos, cada tribunal poderá publicar con anterioridade á proba unha maior concreción ao respecto da orde de participación das persoas asprirantes, o horario das diferentes partes que compoñen a proba, ou dos espazos asignados para depositar as pertenzas, montar ou desmontar instrumentos, agardar, etc.




