Proba de acceso a 1º curso de grao elemental, resultados
Publícanse os resultados correspondente á proba de acceso ao 1º curso do grao elemental.
No documento, ao que é posible acceder dende a ligazón do botón de abaixo, pódense consultar as diferentes listaxes.
Cómpre recordar que o xoves 12 ás 19:00 está prevista a reunión para a adxudicación de prazas vacantes aos nenos e nenas aspirantes que superaron a proba pero non obtiveron praza na especialidade escollida no momento de formalizar a inscrición á proba.
Ao mesmo tempo, a matrícula para o vindeiro curso 2025-2026 poderá formalizarse entre o 10 e o 20 de xuño.




