Proba de acceso ao 1º curso do grao profesional

O prazo de inscrición á proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional, comezado o pasado luns 5, permanecerá aberto ata o vindeiro venres 16 de maio.

A inscrición e mais a solicitude, de ser preciso, do servizo de piano acompañante deberán levarse a cabo en liña.

No menú Servizos, e logo respectivamente en Probas de acceso, Acceso ás ensinanzas profesionais e Probas de acceso a 1º de grao profesional, atópase toda a información sobre a proba: contidos, desenvolvemento da proba e criterios de avaliación dos exercicios das diferentes especialidades e mais os materiais de exemplo en canto ao exercicio de avaliación da capacidade auditiva e de linguaxe musical, plataforma de inscrición, plataforma de pago da taxa de inscrición, guía sobre o pago en liña da taxa, información sobre o servizo de piano acompañante que achega o centro e a súa solicitude e prazas vacantes.

A pesar da ruta indicada no anterior parágrafo, esta ligazón conduce de maneira directa á páxina desta web referida máis arriba correspondente á proba.