Proba de acceso 1º grao profesional 2026-2027, resultados
Publícanse os resultados correspondentes ás probas de acceso a 1º curso de grao profesional 2026-2027.
Nos botóns de abaixo é posible acceder aos documentos cos resultados na proba, así como nas dúas partes que a compoñen, e a relación de aspirantes que obteñen e non obteñen praza, conformando, estes últimos, unha lista de agarda.
Cómpre lembrar que o prazo de matrícula para os aspirantes que logo de superar a proba oteñen praza na espcialidade correspondente, estenderase do 16 ao 19 deste mes de xuño. A matrícula poderá formalizarse dende as 12:00 do referido martes 16 na plataforma CentrosNET.
O martes 23 de xuño publicarase a relación de prazas adxudicadas aos aspirantes en lista de agarda.




