Proba de acceso 1º elemental 2026-2027, resultados
(LISTAXES CORRIXIDAS LOGO DE RESOLTA A INCIDENCIA ADVERTIDA)
Publícanse os resultados correspondentes á proba de acceso a 1º curso de grao elemental 2026-2027.
Nos botóns de abaixo é posible acceder aos documentos coas seguintes listaxes: aspirantes que superaron a proba e obteñen praza, aspirantes que superaron a proba e non obteñen praza, aspirantes que non superaron a proba, aspirantes que non se presentaron á proba.
Cómpre lembrar que o prazo de matrícula para os aspirantes que logo de superar a proba oteñen praza na especialidade correspondente, estenderase do 25 de xuño ao 3 de xullo. A matrícula poderá formalizarse dende as 12:00 do referido xoves 25 na plataforma CentrosNET. Na seguinte ligazón é posible consultar a Guía de matricula 2026-2027.
O luns 22 de xuño ás 17:00 na Aula 1.14 está prevista unha charla de orientación para a elección de especialidades instrumentais vacantes por parte dos nenos e nenas aspirantes que superaron a proba sen obter praza.
Posteriormente á charla, ás 18:30, na mesma Aula 1.14, desenvolverase a reunión de escolla e adxudicación de especialidades vacantes.
É indispensable asistir a esta reunión para optar ás referidas prazas vacantes.
O martes 23 de xuño publicarase a relación de prazas adxudicadas na predita reunión do luns 22 así como a lista de agarda correspondente.




