Proba de acceso a 1º curso de grao profesional, curso 2026-2027
O prazo de inscrición na proba de acceso ao 1º curso do grao profesional correspondente ao vindeiro curso 2026-2027 estenderase entre hoxe luns 4 e o vindeiro venres 15 deste mes de maio.
Toda a información en relación á proba como prazos, inscrición e pago da taxa ou prazas vacantes pode consultarse no menú Acceso desta páxina web.
No referido menú Acceso atópase, así mesmo, a información referida ao servizo de piano acompañante que achega o centro e como formalizar a solicitude deste servizo.




