Proba de acceso ao 1º curso do grao elemental (tribunal, datas, horarios, etc.)

Publícanse as datas, horarios, lugar de celebración e composición do tribunal correspondente á proba de acceso ao 1º curso do grao elemental prevista para os días 3, 4 e 5 de xuño.

A través da ligazón do botón de abaixo é posible acceder ao documento

Os resultados da proba publicaranse o luns 9 de xuño ás 15:00.

O xoves 12 ás 19:00 desenvolverase a reunión de adxudicación de especialidades vacantes para os nenos e nenas que, superando a proba, non obtiveron praza na especialidade escollida no momento de formalizar a inscrición á proba.