Premio fin de grao

A celebración da proba correspondente ao premio fin de grao destinado ao alumnado que remata as ensinanzas profesionais este curso 2025-2026 está prevista para o vindeiro luns 25 de maio.

Lembramos que pode optar a este recoñecemento o alumnado que remate o sexto curso dos estudos profesionais cunha cualificación media igual ou superior a 8 no referido curso e presentándose á proba correspondente.

Lembramos, así mesmo, que a inscrición á proba pode formalizarse hoxe luns 18 e mañá martes 19 na administración ou conserxería do centro.

Despois de pechada a inscrición, publicarase a relación de alumnado admitido, a composición do tribunal e, con posterioridade, a concreción horaria da proba. Esta celebrarase no auditorio do centro.

Toda a información correspondente á proba pódese consultar a través da ligazón do botón de abaixo.