Premio fin de grao
A celebración da proba correspondente ao premio fin de grao destinado ao alumnado que remata as ensinanzas profesionais este curso 2024-2025 está prevista para o martes 17 de xuño.
Lembramos que pode optar a este recoñecemento o alumnado que remate o sexto curso dos estudos profesionais cunha cualificación media igual ou superior a 8 no referido curso e presentándose á proba correspondente.
A inscrición á proba poderá formalizarse os días 9 e 10 de xuño na administración ou conserxería do centro.
Despois de pechada a inscrición, publicarase a relación de alumnado admitido, a composición do tribunal e, con posterioridade, a concreción horaria da proba. Esta celebrarase no auditorio do centro.
Toda a información correspondente á proba pódese consultar a través da ligazón do botón de abaixo.




