“O Rocho da Música”
O noso conservatorio ven de estrear a canle de Spotify do EDLG cun programa de podcast chamado “O Rocho da Música”, creado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo e presentado por Iván Martínez Sabio, no que se realizan entrevistas a persoeiros destacados do panorama musical lucense.
Na gravación e edición do audio dos distintos capítulos participará alumnado da materia de novas tecnoloxías, impartida por Moisés López.
No primeiro capítulo entrevístase a Fernando Gómez Jácome, actualmente a figura máis relevante do ámbito coral da nosa cidade.




