No bico un cantar 2026
O encontro musical No bico un cantar é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia que se celebra dende o ano 2013 en diferentes vilas da nosa comunidade.
Nesta ocasión, o encontro celébrase en Vilalba o obxecto de cantar á Terra Chá como orixe de poetas senlleiros.
Nenas e nenos do conservatorio participan un ano máis neste encontro viaxando á capital da Terra Chá e xuntándose co alumnado doutros conservatorios galegos e escolas da contorna de Vilalba.
O concerto, de balde e aberto a todo o público, está previsto ás 17:30 diante do Auditorio Carmen Estévez coas posibles modificacións segundo a meteoroloxía que poderían, no caso de choiva, levar o evento ao interior do auditorio.




