«Música e poesía: movendo a lingua»

A Secretaría Xeral da Lingua e mais a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa veñen de resolver a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da nosa consellería neste curso 2024-2025. Na referida convocatoria participaba este curso o noso centro a través do proxecto «Música e poesía: movendo a lingua».
Cómpre celebrar que o proxecto, organizado polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co equipo da veciña Escola Oficial de Idiomas, foi un dos cinco premiados na nosa comunidade.
Soamente é posible dar os parabéns ao profesorado e alumnado participante de ambos os dous centros, cunha mención particular aos equipos organizadores e ás súas coordinacións.
Dende hai uns días, o menú Oferta educativa desta web acolle unha nova entrada dedicada aos proxectos de innovación educativa no que é posible gozar dunha publicación electrónica sobre o proxecto.