Matrícula curso 2025-2026

O prazo de matrícula correspondente ao curso 2025-2026 estenderase do 10 ao 20 de xuño.

Este prazo estará destinado ao alumnado matriculado no presente curso 2024-2025, e que obtivera cualificación positiva en todas as materias, así como aos aspirantes que obtiveran praza na proba de acceso ao 1º curso do grao elemental.

O alumnado con materias con cualificación negativa nalgunha materia na avaliación ordinaria, e que deba acudir á probas extraordinarias previstas para os días 23, 24 e 25 de xuño, deberá agardar ao resultado destas para formalizar a matrícula.

A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.
O procedemento consistirá en confirmar a matrícula, levar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través do correo electrónico ao enderezo administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal.

A formalización da matrícula estará dispoñible a partir das 15:00 do martes 10 de xuño.

A través da ligazón do botón de abaixo é posible ver e descargar unha guía co calendario de matrícula e os seus diferentes prazos así como a información precisa para a súa formalización.

En canto aos prazos de matrícula para os aspirantes das probas de acceso ao 1º curso do grao profesional e mais o resto de cursos agás 1º de elemental, estes publicaranse nos vindeiros días.