Matrícula 2026-2027
O prazo de matrícula correspondente ao curso 2026-2027 estenderase do 10 ao 19 de xuño.
Este prazo estará destinado ao alumnado matriculado no presente curso 2025-2026, e que obtivera cualificación positiva en todas as materias.
O alumnado con cualificación negativa nalgunha materia na avaliación ordinaria, e que deba acudir á probas extraordinarias previstas para os días 22, 23 e 25 de xuño, deberá agardar ao resultado destas para formalizar a matrícula.
A matrícula deberá formalizarse a través da plataforma CentrosNET sendo preciso acceder coas nosas credenciais de usuario, contrasinal e contrasinal persoal. É indispensable entón xestionar o noso acceso se aínda este non se producira.
O procedemento consistirá en confirmar a matrícula, levar a cabo o pago e achegar ao centro o xustificante do mesmo a través do correo electrónico ao enderezo administracion.cmus.lugo@edu.xunta.gal .
A formalización estará dispoñible a partir das 12:00 do mércores 10 de xuño.
A través desta ligazón é posible ver e descargar unha guía co calendario de matrícula e os seus diferentes prazos así como a información precisa para a súa formalización.
Está dispoñible tamén o formulario para a elaboración de grupos e horarios correspondentes ao vindeiro curso 2026-2027. Trátase de recoller a información precisa co obxecto de que o horario de actividade no conservatorio se acomode na maior medida posible ás circunstancias particulares de cada estudante.
Consecuentemente, cubrir este formulario é indispensable para que o centro coñeza e sexa quen de ter en conta calquera circunstancia das antes referidas. De non contar con esta información, adxudicarase o grupo ou o horario que o centro determine. Desta maneira, prégase tanto cubrir o formulario como facelo coa maior concreción posible.
É posible acceder ao formulario a través desta ligazón.
En canto aos prazos de matrícula para os aspirantes das probas de acceso, estes publicaranse nos vindeiros días.




