Horarios provisionais, curso 2024-2025
Poden consultarse xa na plataforma CentrosNET os grupos e horarios provisionais das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao vindeiro curso 2024-2025.
Ao respecto das solicitudes de cambio de grupo, estas poderán formalizarse entre o momento desta publicación e o vindeiro martes 16 de xullo, este incluído. A solicitude deberá levarse a cabo a través do formulario que se atopa no menú Común da plataforma CentrosNET.
Cómpre apuntar que as materias de Linguaxe musical e mais Educación auditiva e vocal figuran separadas. Desta maneira, e en relación aos estudos do grao elemental, será preciso consultar o grupo e horario das dúas materias referidas que estarán, inevitablemente, en páxinas diferentes do documento.
A publicación cos grupos e horarios definitivos está prevista para o vindeiro venres 19 de xullo.
En canto ás solicitudes para asistir como oínte, estas poderán formalizarse no mes de setembro.