Horarios definitivos, curso 2024-2025
Poden consultarse xa na plataforma CentrosNET os grupos e horarios definitivos das materias colectivas e agrupacións correspondentes ao vindeiro curso 2024-2025.
Publícanse así mesmo, e tamén en CentrosNET, os grupos e horarios das materias de Conxunto e Música de cámara
Cómpre apuntar que as materias de Linguaxe musical e mais Educación auditiva e vocal figuran separadas. Desta maneira, e en relación aos estudos do grao elemental, será preciso consultar o grupo e horario das dúas materias referidas que estarán, inevitablemente, en páxinas diferentes do documento.
Calquera incidencia acerca dos grupos e horarios deberá ser comunicada a través do correo electrónico dirixindo a mensaxe ao enderezo electrónico do centro cmus.lugo@edu.xunta.gal.
Con carácter xeral, as referidas incidencias serán resoltas nos primeiros días do mes de setembro.
En canto ás solicitudes para asistir como oínte, estas poderán formalizarse no mes de setembro.
A elección de horarios individuais das materias de instrumento e mais Repentización e acompañamento está prevista o martes 10 de setembro e o comezo efectivo da actividade lectiva o luns 16.