Grupos e horarios definitivos 2026-2027

Poden consultarse, a través da plataforma CentrosNET e mais nos taboleiros do conservatorio, os grupos e horarios definitivos das materias colectivas e agrupacións correspondentes ao vindeiro curso 2026-2027. Os horarios correspondentes á materia de Repentización e acompañamento das especialidades de Acordeón e Guitarra publicaranse no mes de setembro.

Publícanse, así mesmo, e tamén nos taboleiros e na plataforma CentrosNET, os horarios das materias de Conxunto e Música de cámara.

Calquera incidencia acerca dos grupos e horarios deberá ser comunicada a través do correo electrónico dirixindo a mensaxe ao enderezo electrónico do centro cmus.lugo@edu.xunta.gal . Con carácter xeral, as referidas incidencias serán resoltas nos primeiros días do mes de setembro.

En canto ás solicitudes para asistir como oínte, estas poderán formalizarse no mes de setembro.

A elección de horarios individuais das materias de instrumento desenvolverase no referido mes de setembro.