Grupos e horarios provisionais, curso 2025-2026
Poden consultarse xa na plataforma CentrosNET e nos taboleiros do conservatorio os grupos e horarios provisionais das materias colectivas e agrupacións agás Conxunto e Música de cámara correspondentes ao vindeiro curso 2025-2026. Publícanse tamén, na referida plataforma e nos taboleiros, os grupos e horarios da materia de Repentización e acompañamento correspondente á especialidade de Piano.
Ao respecto das solicitudes de cambio de grupo, estas poderán formalizarse entre o momento desta publicación e o vindeiro venres 11 de xullo ás 15:00. A solicitude deberá levarse a cabo por medio do formulario ao que é posible acceder a través da ligazón do botón de abaixo.
En todo caso, soamente poderá solicitarse o cambio de grupo nas materias de Análise, Educación auditiva e vocal, Harmonía, Historia da música, Linguaxe musical e Novas tecnoloxías aplicadas á música.
No caso do alumnado matriculado no 6º curso do grao profesional, e de desexar a modificación do itinerario ou a materia optativa a causa da acomodación dos horarios, será preciso enviar unha solicitude motivada á xefatura de estudos por correo electrónico ao enderezo xefatura.estudos.cmus.lugo@edu.xunta.gal
No caso da materia de Repentización e acompañamento da especialidade de Piano, e de desexar un cambio de grupo, será preciso enviar unha solicitude motivada á xefatura de estudos por correo electrónico ao enderezo xefatura.estudos.cmus.lugo@edu.xunta.gal
A publicación cos grupos e horarios definitivos está prevista para o vindeiro mércores 16 de xullo.
En canto ás solicitudes para asistir como oínte, estas poderán formalizarse no mes de setembro.




