Grupos do Curso de Iniciación 2024-2025
Publícanse a relación de nenas e nenos admitidos como participantes no Curso de Iniciación correspondente ao vindeiro curso 2024-2025.
As listaxes recollen a composición dos tres grupos que terán a súa sesión de traballo de música e movemento os luns ás 16:00, 17:00 e 18:00 respectivamente. O documento, ao que é posible acceder a través da ligazón do botón de abaixo, recolle tamén a lista de agarda e mais as persoas excluídas por non ser 2017 o seu ano de nacemento.
Lembramos, así mesmo, que a sesión dedicada a coñecer as diferentes especialidades instrumentais está prevista os martes ás 17:00.
O mes de setembro publicaranse as datas de presentación e comezo desta actividade.
Para resolver calquera consulta, pódese empregar o seguinte enderezo electrónico: cursodeiniciacion@cmusxoanmonteslugo.edu.es