Finalistas III Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira
Logo de celebrarse a fase previa, xa temos o nome dos finalistas do Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira:
Juan Aguado Bellón, violonchelo; Álex Barcala Castro, piano; Cesar Fouce López, percusión e Dalila Regueiro Romero, violonchelo.
Noraboa a tódolos participantes por facernos gozar coa súa música, e vémonos na fase final, que terá lugar o día 6 de maio de 2025 no Auditorio do CMUS Xoán Montes.




