II Feira de Educación, Formación e Emprego
Os vindeiros mércores e xoves 9 e 10 de abril, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase nun punto de encontro para estudantes e profesionais da educación no contexto da II Feira de Educación, Formación e Emprego organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O evento reunirá unha ampla mostra de centros educativos, entidades e institucións que ofrecerán información sobre itinerarios formativos, oportunidades laborais e recursos para a toma de decisións sobre o futuro académico e profesional.
O conservatorio participará neste evento para dar a coñecer a súa oferta educativa e asesorar a todas aquelas persoas interesadas en cursar estudos musicais. Será unha excelente oportunidade para descubrir as ensinanzas profesionais de música, resolver dúbidas sobre o acceso e ser quen de coñecer a actividade do centro.
Animamos a toda a comunidade educativa e ao público interesado a achegarse e participar nesta iniciativa que promove a educación e a formación na nosa contorna.




