Exposición: A Banda de Paradela cumpre 150 anos.
Inauguración o mércores 14 de maio ás 19:00h
Exposición itinerante sobre o 150 aniversario da Banda de Música de Paradela, impulsada polo colectivo Egeria.
A exposición, que permanecerá no andar do primeiro piso ata o próximo 30 de maio, consta de 12 paneis con textos e fotos que, a través da información recollida de distintas publicacións, repasa a traxectoria da banda dende a súa formación no ano 1873 ata a actualidade.
A Banda de Música de Paradela, que leva máis de século e medio de existencia, segue a ser unha das institucións culturais máis queridas e representativas da comarca. Nesta exposición ofrece ao visitante a posibilidade de coñecer mellor a súa evolución ao longo dos anos.




